Proxecto

A primeira liña de actuación da CEL A Gudiña é a colocación de instalacións solares fotovoltaicas de autoconsumo colectivo. Estas instalacións subministrarán electricidade ás vivendas membros da Comunidade Enerxética que se atopen a 2 quilómetros de distancia.

A enerxía producida servirá para reducir a factura das familias situadas nas inmediacións das instalacións de autoconsumo colectivo e que desexen incorporarse á Comunidade Enerxética. O aforro económico é de arredor do 30 % de media na factura eléctrica.

Célula Fotovoltaica Pavillón

Esta instalación colocarase na cuberta do pavillón situado na Rúa Viana, 16, A Gudiña

100

fogares beneficiarios (aproximadamente)

122 kW

capacidade de potencia solar fotovoltaica

171 MWh

ao ano de produción enerxética

43 t CO₂

evitadas ao ano

A túa localización está dentro da zona?

Mírao aquí!

Aínda que a zona abrangue case toda a zona urbana, lamentablemente hai unha pequena parte que queda excluída pola limitación de 2.000 metros imposta polo Real Decreto 244/2019. + info