O Concello da Peroxa acometeu unha liña de traballo para o desenvolvemento dunha Comunidade Enerxética Local no propio municipio que afectará ao ámbito social, ambiental, económico, enerxético e urbano. Isto ten como único obxectivo contribuír a mellorar a calidade de vida da cidadanía e garantir un desenvolvemento sostible para as xeracións futuras, proporcionándolles información enerxética e logrando un aforro no consumo eléctrico da cidadanía.
A primeira liña de actuación da CEL A Peroxa é a colocación de instalacións solares fotovoltaicas de autoconsumo colectivo. Estas instalacións subministrarán electricidade ás vivendas membros da Comunidade Enerxética que se atopen a 2 quilómetros de distancia.
A enerxía producida servirá para reducir a factura das familias situadas nas inmediacións das instalacións de autoconsumo colectivo e que desexen incorporarse á Comunidade Enerxética. O aforro económico é de arredor do 30 % de media na factura eléctrica.
Esta instalación colocarase na cuberta da Teleclub Toubes situada na rúa Aldea Fiestra, 2, A Peroxa.
fogares beneficiarios (aproximadamente)
capacidade de potencia solar fotovoltaica
ao ano de produción enerxética
evitadas ao ano
Aínda que a zona abrangue case toda a zona urbana, lamentablemente hai unha pequena parte que queda excluída pola limitación de 2.000 metros imposta polo Real Decreto 244/2019. + info