Proxecto

A primeira liña de actuación da CEL Montederramo é a colocación de instalacións solares fotovoltaicas de autoconsumo colectivo. Estas instalacións subministrarán electricidade ás vivendas membros da Comunidade Enerxética que se atopen a 2 quilómetros de distancia.

A enerxía producida servirá para reducir a factura das familias situadas nas inmediacións das instalacións de autoconsumo colectivo e que desexen incorporarse á Comunidade Enerxética. O aforro económico é de arredor do 30 % de media na factura eléctrica.

Célula Finca

Esta instalación colocarase nos terreos da finca situada na Pol.77 Par.72 Regueiral, Montederramo.

100

fogares beneficiarios (aproximadamente)

110 kW

capacidade de potencia solar fotovoltaica

183 MWh

ao ano de produción enerxética

46 t CO₂

evitadas ao ano

A túa localización está dentro da zona?

Mírao aquí!

Aínda que a zona abrangue case toda a zona urbana, lamentablemente hai unha pequena parte que queda excluída pola limitación de 2.000 metros imposta polo Real Decreto 244/2019. + info