O Concello de Muinos acometeu unha liña de traballo para o desenvolvemento dunha Comunidade Enerxética Local no propio municipio que afectará ao ámbito social, ambiental, económico, enerxético e urbano. Isto ten como único obxectivo contribuír a mellorar a calidade de vida da cidadanía e garantir un desenvolvemento sostible para as xeracións futuras, proporcionándolles información enerxética e logrando un aforro no consumo eléctrico da cidadanía.