Proxecto

A primeira liña de actuación da CEL San Xoán de Riós é a colocación de instalacións solares fotovoltaicas de autoconsumo colectivo. Estas instalacións subministrarán electricidade ás vivendas membros da Comunidade Enerxética que se atopen a 2 quilómetros de distancia.

A enerxía producida servirá para reducir a factura das familias situadas nas inmediacións das instalacións de autoconsumo colectivo e que desexen incorporarse á Comunidade Enerxética. O aforro económico é de arredor do 30 % de media na factura eléctrica.

Célula Albergue

Esta instalación colocarase no recinto do Albergue os Bioscos situado na LG SENREIRO 2[A] Polígono 45 Parcela 634 (O Xunquedo), San Xoán de Riós.

100

fogares beneficiarios (aproximadamente)

102 kW

capacidade de potencia solar fotovoltaica

148 MWh

ao ano de produción enerxética

37 t CO₂

evitadas ao ano

A túa localización está dentro da zona?

Mírao aquí!

Aínda que a zona abrangue case toda a zona urbana, lamentablemente hai unha pequena parte que queda excluída pola limitación de 2.000 metros imposta polo Real Decreto 244/2019. + info