A Deputación de Ourense acometeu un proxecto en prol da transición enerxética mediante o impulso de 12 Comunidades Locais de Enerxía (CEL).
As comunidades enerxéticas son un mecanismo que facilita a participación cidadá no ámbito enerxético e que permite aos usuarios intervir activamente nas decisións relacionadas coa enerxía.
A través das comunidades enerxéticas, tanto a cidadanía como as pequenas e medianas empresas poderán aforrar na súa factura eléctrica, cubrindo parte das súas necesidades mediante a xeración de enerxía propia e a xestión do seu consumo dunha forma máis eficiente e desde unha visión colectiva e participativa.
municipios activos no proxecto
fogares beneficiarios (aproximadamente)
capacidade de potencia solar fotovoltaica
ao ano de produción enerxética